Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela pide recuperar o tren polo centro da parroquia e construír dous apeadeiros

RR_Noticias

A iniciativa busca que Chapela volva contar con comunicación ferroviaria tanto con Redondela como con Vigo, motivo polo que a Asociación de Veciños solicita unha serie de melloras que pasan necesariamente por construír un apeadeiro na actual liña que discorre pola parte baixa da parroquia e que desemboca na estación de Guixar, así como incrementar o número de frecuencias e abaratar o billete para facelo competitivo co autobús e animar aos veciños a empregar un transporte non contaminante. Con todo, a iniciativa aprobada onte por unanimidade é moito máis ambiciosa e propón tamén que se volva abrir a liña que remata na estación de Urzaiz, colocando novamente as vías “sobre unhas infraestruturas xa feitas e aproveitalas para meter as liñas de proximidade”.

A moción, que contou co apoio de todos os grupos políticos logo de que fora trasladada a pleno pola concelleira non adscrita Raquel Quintáns, demanda ao Ministerio de Fomento que se volvan colocar as vías aproveitando a liña que discorría polo centro da parroquia, con chegada na estación de Urzaiz, e que se establezan paradas na liña que remata na estación de Guixar así como a construción dun apeadeiro. Solicita tamén que se incrementen o número de paradas en Chapela, actualmente inexistentes, e que se abarate o prezo do billete coa súa inclusión no bono de transporte metropolitano. Todos os grupos amosaron o seu apoio a esta proposta aínda que con matices no caso do PP quen nun primeiro momento avogaba por deixar o punto sobre á mesa á espera de que se conforme un novo goberno e o Ministerio de Fomento defina cales son as súas propostas de promoción do tren de proximidade. Os nacionalistas puñan sobre a mesa unha vez máis os prexuizos que padece Chapela “como parroquia de paso de innumerables infraestruturas sen que os que viven no seu territorio se beneficien delas” en referencia a un tren que carece de paradas nesa poboación. No mesmo sentido manifestábanse tanto a Agrupación de Electores “é de xustiza que se atenda esta petición” mentres o PSOE criticaba ao alcalde “por non pelexar polo transporte ferroviario” xa que segundo dixo Eduardo Reguera “dende o 2011 cando o PP comezou gobernar, Chapela quedou sen tren e Cesantes pasou de 8 a tan só dúas paradas”.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Explica cal é a súa petición
Raquel Quintáns edil non adscrita
Foi a encargada de trasladar a moción ao pleno
Xoan Carlos González BNG
Unha parroquia afectadas polas infraestruturas e sen contrapartidas en servizos
Bernardo Crespo AER
Necesario promover o transporte non contaminante
Eduardo Reguera PSOE
Criticaron a pasividade que ao seu enteder amosa o alcalde neste asunto
Miguel Álvarez Ballesteros PP
Nun primeiro momento pedían que o punto quedara sobre a mesa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará