Os últimos encontros amigables, ante o Rápido de Bouzas e Ribadumia, remataron con empate. Dous rivais de nivel para esta pretemporada, na que o obxectivo do club é “encaixar” as novas incorporacións, que son un total de 10 nas que se suman as 7 fichaxes e os 3 xogadores do filial e dos xuvenís que están a adestrar co primeiro equipo.
Para o adestrador, Marcos Montes, o traballo destes días está centrado na coordinación do equipo, que os atacantes “se entendan” e a defensa estea “ordenada”. Un traballo marcado polas altas temperaturas das últimas semanas. Limitar o esforzo físico, hidratarse ben e coidar o descanso son algunhas das premisas do adestrador, Marcos Montes, nestas xornadas preparatorias. En canto aos obxectivos para a próxima temporada o club segue a ser modesto: a permanencia. Montes sinala que serán ambiciosos, pero que salvar a categoría é a meta que se propoñen de saída. Lembra que nas pasadas temporadas non lles foi mal con esta filosofía, e conseguiron clasificarse para o “play-off” de ascenso. Prazo aberto para novas altas nas categorías base O Choco na configuración dos equipos de canteira que, un ano máis, centrarán gran par dos esforzos da entidade. Desta forma, todos os menores que desexen integrar por primeira vez os equipos da entidade poden anotarse na oficina do club no campo de Santa Mariña (17:00 a 20:00 horas) ou ben contactar con Marcos Montes (626 11 61 42). Calquera neno con ganas de xogar ao fútbol pode iniciarse no club nas categorías xuvenil (nacidos en 1998, 1999 e 2000), cadetes (2001-02), infantil (2003-04), alevín (2005-06), benxamín (2007-08), prebenxamín (2009-10), biberón (2011).