O BNG de Redondela organiza hoxe mércores na parroquia do Viso un acto público informativo baixo a lema “O catastrazo” , para explicar as novidades da contribución e as alternativas das que dispoñen os veciños. Será ás 21 horas na antiga escola de Tuimil.
Alertan de que a nova normativa obriga a pagar por alpendres, galpóns, pendellos e cortes cando ata o de agora estas construcións estaban exentas deste gravame. Animan aos veciños a informarse e a recorrer naqueles casos nos que sexa posible. Na charla intervirán Anxo Lusquiños, responsable local do BNG, e Jessica García, candidata nacionalista o Parlamento de Galicia.