Melodías moi bailables como muiñeiras, pasodobres, foliadas ou rumbas mistúranse con letras “cargadas de verdade”. O seu obxectivo é “facer festa” sen esquecerse do compromiso coa terra, para o que utilizan a retranca como arma para denunciar situacións reais. Estarán e directo este xoves, ás 21.00 horas, na rúa Meixón Frío.
A cita é mañá xoves, ás 21.00 horas, dentro da programación do Meixón Music que organizan os locais Café da Vila e A Tenda de Candelaria. Josiño, un dos compoñentes da formación, sinala que se trata dun concerto “moi especial” ante o seu público, xa que se fai “a pé de praza”. Unha cita familiar e íntima polo formato da proposta, na rúa Meixón Frío, e tamén porque “xogan na casa”, o que lles permite aínda máis proximidade co público. Con dous discos no mercado: Tanto Nos Ten e Entre Néboas, o sexteto promete sobre todo “moita festa” para todos os públicos.