Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Concellaría de Cultura abre un novo prazo para as subvencións das asociacións

RR_Noticias

A Concellería de Cultura de Redondela volve a sacar esta semana a Convocatoria de Subvencións para Actividades Culturais abríndose así un novo prazo para presentar as solicitudes. O importe destinado polo concello a estas subvencións ascende a 20.000 euros.

A decisión do departamento municipal adoptouse tras detectar este ano que algunhas das asociacións que habitualmente presentaban a solicitude non o fixeran por que se lles pasou o prazo Estas subvencións van destinadas a apoiar as iniciativas das asociacións á hora de desenvolver actividades culturais e deportivas nos distintos colectivos que representan. Con estas actividades as asociacións poñen a disposición dos veciños actividades variadas na maioría dos casos nas parroquias, o que facilita a participación dos veciños das parroquias en diferentes actividades de ocio sen necesidade de desprazarse ao casco urbano. O importe destinado polo concello a estas subvencións ascende a 20.000 euros.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará