Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A multinacional New Balance aposta pola empresa redondelá Alfico

RR_Noticias

O xigante de roupa deportiva implícase máis na súa aposta por Alfico, a compañía de Redondela coa que comercializa os seus produtos para España e Portugal. O ano pasado incrementou a súa facturación nun 30%, e conta na actualidade con 42 empregados.
 
 

Broporma Retail é agora socio único de Alfico, trátase dunha sociedade limitada propiedade de New Balance Holding UK Limited, tan como vén de publicar o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (Borme). Con esta modificación, efectiva desde o 4 de agosto, vincúlase aos máximos directivos de New Balance a nivel mundial no capital da empresa de Redondela, que continuará baixo a xestión de Anna Scheidgen. Como presidente do consello de Broporma figura John Withee, director financeiro (CFO) do grupo, e como conselleiros o presidente e conselleiro delegado de New Balance, Robert DeMartini, e o seu número dous, Paul Gauron. Alfico facturou en 2015 máis de 67,5 millóns de euros, un 30% máis que no ano anterior, e a firma conta con 42 traballadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará