A Sociedade Cultural do Viso inicia a inscrición para os cursos formativos e lúdicos despois do descanso estival. A principios de setembro comezan a andaina as actividades de gaita tradicional e pilates.
O curso de gaita segue a ser impartido polo gaiteiro e mestre Manuel Cruces, coñecido pola súa labor como intérprete no grupo “Tanto Nos Ten”. Por outra banda, de cara ao mantemento físico, retómase o curso de Pilates que xa o ano pasado tivo unha gran aceptación. Para máis información sobre os cursos, prezos e horarios os interesados pódense dirixir ao teléfono 656.938.058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.