Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría esixe “vontade política” para rematar a rexeneración do peirao de Cesantes

RR_Noticias

O pósito redondelán leva agardando desde o ano 2011 a que se faga realidade o prometido “plan integral” de remodelación das instalacións portuarias de Cesantes. O proxecto, valorado en 6 millóns de euros, contempla melloras como a pilotaxe e alongamento do peirao. Pero os mariñeiros seguen á espera.

Nese plan estaba incluída a construción da nova lonxa, investimento que se priorizou pola “urxencia” das instalacións. O resto das obras estaban dentro do proxecto integral de Portos de Galicia que se deberían desenvolver entre o 2011 e 0 2015. Estaba previsto a construción dun novo varadoiro e o pantalán sobre pilotes, cun orzamento do 900.000 euros, así como o dragado da zona para gañar en calado. Levan anos agardando a que se cumpra o compromiso da Xunta de Galicia, tal como o Patrón Maior, Clemente Bastos, lle lembrou onte á conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha xuntanza que mantiveron no pósito redondelán. O representante dos traballadores do mar, fixo chegar tamén á Consellería un proxecto que xa presentaron no Grupo de Acción Costeira para a eliminación do dique. Bastos advirte que non será posible a rexeneración da enseada se non se retira este “muro” construído hai case un século e que frea as correntes mariñas. O Patrón Maior pon o acento na importancia de recuperar esta zona da ría “especialmente sensible”, e que sofre a contaminación e os recheos provocados pola man do home. Por iso, ás portas da campaña electoral para os comicios autonómicos do 25 de setembro esixe “un maior compromiso” das administracións coa enseada de San Simón. Pide “feitos” e non só “promesas electorais”.    

Clemente Bastos Patrón Maior
A Confraría esixe que se cumpra o compromiso de rexenerar a zona portuaria de Cesantes.
Eliminación do dique
Para Bastos é fundamental eliminar o dique construido no 1920.
Rexeneración da zona
Bastos sinala que se trata dunha zona da ría moi sensible que hai que rexenerar para que teña futuro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará