Logo do tropezo inaugural ante o Arousa, os de Marcos Montes sumaron onte os primeiros tres puntos da temporada en terras coruñesas. Abriu o marcador Félix, e Oki foi o encargado de sentenciar o encontro para os redondeláns.
Terceira División
Ordes 2-3 ChocoOs locais saíron con forza para tentar frear a calidade do Choco. Pero o xogo superior dos de Montes xa se deixou sentir no comezo do partido. Aos dez minutos de xogo adiantáronse no marcador nunha acción iniciada en banda por Gándara e que terminou con remate de Félix desde a frontal. A partir de aí, o Choco xogou máis cómodo, pero encaixou o gol do empate aos vinte minutos de partido nun remate de cabeza de Caicedo. Chegou a tocar Cortegoso, pero non o suficiente para evitar que o balón rematara no fondo da portería. Tras o descanso, coa entrada de Óscar Millán “Oki”, o xogo mudou. Ao minuto de estar sobre o céspede, o dianteiro culminou unha acción colectiva con centro de Gándara. Neses minutos de dominio do Choco houbo moitas ocasións, pero faltou o acerto. Só Oki, a falta de vinte minutos para o final volveu acertar desde o punto de penalti para superar ao porteiro local. Cando o encontro parecía resolto, o Ordes asinou outra boa acción de ataque con gol de Víctor Herves que recortaba distancias. Os redondeláns optaron entón por un fútbol máis conservador, e repregáronse para conservar a vitoria. Foi o primeiro triunfo da temporada, que será longa. O próximo rival en Santa Mariña será o Vilalonga, que vén de empatar na casa co Rápido de Bouzas nun encontro sen goles.
Ordes: Jesús Villar, Puyi, Jacobo Vilas (Dominic, min. 66), Adrián Vázquez, Rubén Caamaño (Herves, min. 72), Melgarejo, Abel Torres, Navarrete, Monroy, Aparicio, Caicedo.Choco: David Cortegoso, Carlitos (Molinos, min. 82), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Comis, min. 60), Gabi Misa, Félix, Marcos Pérez (Oki, min. 60), Óscar Pérez.Goles: 0-1, min. 10: Félix; 1-1, min. 19: Caicedo; 1-2, min. 61: Oki; 1-3, min. 71: Oki; 2-3, min. 81: Víctor Herves.