Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un 83% dos alumnos dos obradoiros de emprego de Redondela atoparon traballo

RR_Noticias

O Concello de Redondela porá en marcha o seu sétimo plan de emprego, con dous novos obradoiros de pintura decorativa e deseño gráfico. A concelleira de Emprego, Carmen Amoedo, destaca os bos resultados dos obradoiros realizados ata agora en Redondela. No último, 50 dos 60 alumnos participantes atoparon emprego.

Para a concelleira de Emprego, Carmen Amoedo, este dato leva ao goberno local a seguir traballando na mesma liña. Advirte que, malia que o Concello non ten competencias en materia de emprego, tentan ofrecer a maior cantidade de ferramentas de formación para mellorar a “empregabilidade” daquelas persoas que se atopan en situación de desemprego. Ate o de agora levan realizados seis plans de emprego nos que participaron 400 persoas, aos que hai que engadir os cinco obradoiros con especialidades como xardinaría, canteiría, agricultura ecolóxica, albanelaría ou deseño gráfico, no que participaron máis dun cento de veciños. Agora a Xunta vén de conceder a Redondela, a través da Consellería de Economía, emprego e industria, unha subvención por valor de 310.000 euros para levar a cabo dous obradoiros de emprego no que participarán 35 alumnos-traballadores que se formarán como pintores, deseñadores gráficos, xardineiros e canteiros. Os interesados deben solicitar a súa inclusión no programa no Servizo Público de Emprego.  

Carmen Amoedo concelleira de Emprego
O goberno local aposta por mellorar a formación dos desempregados
Alta ocupación
Despois do último obradoiro de emprego a maioría dos alumnos atoparon traballo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará