Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Extinguido un incendio forestal no Viso

RR_Noticias

O lume producíase na tarde de onte nunha zona moi castigada no último mes en Redondela. Concretamente tiña lugar na zona do Viso ás 15:41 horas e, segundo confirmou Medio Rural, as lapas dábanse por controladas pasadas as cinco da tarde. Xa pola mañá o incendio dunha lancha no peirao do Cubillón en Chapela desatara a alarma veciñal, aínda que tamén este incendio foi extinguido sen provocar danos persoais.

O fume na zona do Viso, que se podía ver dende diferentes puntos do concello, volvía desatar as alarmas facendo lembrar os incendios forestais que afectaron ao noso concello a mediados de agosto. Nos traballos de control do lume traballaron un axente, tres brigadas, tres motobombas e un helicóptero e o incendio deuse por controlado hora e media despois do seu inicio .
Tamén en Chapela desatábanse as alarmas ás 12.30 horas da mañá cando se detectaba unha columna de fume negro procedente da zona das naves frigoríficas de Chapela.Malia a alarma que este feito provocou nun primeiro momento entre os veciños comprobouse que o lume afectaba tan só a unha lancha abandonada no peirao do Cubillón.
O servizo de emerxencias de Redondela e bombeiros de Vigo extinguiron rapidamente o lume cuxas causas están sendo investigadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará