Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera a titularidade do terreo que ocupaba a caseta de Fenosa

RR_Noticias

Máis dun ano despois do derrube da Caseta de Fenosa, o Concello de Redondela ven de recuperar a titularidade dos terreos no paseo da Xunqueira. O solar, que estaba en mans da empresa eléctrica, pasa agora a ser de titularidade municipal. Dende o goberno anuncian un proxecto de recuperación deste espazo para goce dos veciños que será concretado nos vindeiros meses.

Tras un longo período de xestións, segundo anuncia o goberno local, vense de facer realidade unha demanda histórica ao recuperar o concello a titularidade dos terreos que estaban ocupados pola Caseta de Fenosa, no paseo da Xunqueira. Tralo derrube do inmoble, en estado ruinoso, o Concello estaba pendente da disposición dos terreos para poder actuar neles e preparar un proxecto para o goce dos cidadáns.
O transformador que se atopaba neste terreo está xa soterrado polo que esta situación da mais liberdade de actuación podéndose axardinar toda a superficie.
Pola situación dos terreos, baixo o viaduto rehabilitado e na entrada da Xunqueira, estanse a valorar diferentes ideas que melloren esteticamente a zona e que a vez converta o espazo nun lugar para uso dos veciños. Unha actuación que se dará a coñecer nos vindeiros meses, segundo apunta o alcalde Javier Bas quen engade o seu desexo de que “sexa unha zona agradable e integrada no entorno”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará