Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade celebra o Festival de Cultura Urbana con acrobacias sobre a bici, graffiti e parkour

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude de Soutomaior organiza o vindeiro sábado día 17 a II edición do  Festival Cultura Urbana de Arcade con actividades que inclúen exhibición de BMX, gaffiti, danza urbana e parkour, unha modalidade de adestramentos a través dos cales o participante debe superar unha serie de obstáculos propios das contornas urbanas. O festival arrancará ás 11:00 horas no peirao de Arcade.

Este festival nace coa finalidade de atender as demandas recibidas por parte de diversos colectivos xuvenís da  do municipio recollidas a través da Concellería de Xuventude. A cultura urbana esperta un gran interese entre a mocidade do municipio e así nace este festival, entendendo que este  movemento cultural pode ser un escenario idóneo para que a mocidade se exprese a través das múltiples disciplinas que se inclúen: expresión plástica a través do graffiti, a expresión musical, a práctica deportiva como maneira de vivir e mantemento da forma física, etc. Por todo isto, o programa deste ano inclúe unha serie de actividades que amplían a programación do ano anterior para chegar a un maior número de mozos e mozas tendo en conta as súas inquedanzas e intereses. Os mozos e mozas que participen neste festival poderá asistir de balde a un obradoiro de graffiti, danza urbana, parkour e un campionato de BMX e Scooter. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do sábado no Multiusos (Arcade). O programa, as bases do campionato e os formularios de inscrición xunto con toda a información están colgadas información na web: www.soutomaior.com  

Sonia PIntos OMIX Arcade
Un festival que nace das demandas da xuventude
Obradoiros variados
Cómpre inscrición previa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará