Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incomunicados en Chapela

RR_Noticias

Carlos Sueiro e a súa familia viven día a día coas dificultades que lles provocan os seus problemas físicos. Unha situación que se ve agravada pola carencia dun acceso en condicións que lles permita chegar a súa vivenda xa que o tramo do Camiño da Costa que desemboca na súa casa “é intransitable, un carreiro esvaradío e sen apenas luz e polo cal non podería pasar un vehículo de emerxencia”. Por este motivo solicitan ao concello que proceda a ensanchar o vial. Veñen de iniciar unha recollida de sinaturas no portal change.org para sumar apoios a súa petición.

Os catro membros da familia de Carlos Sueiro padecen diversos problemas de mobilidade. A consecuencia da idade ten que botar man dun bastón para poder camiñar e o seu fillo perdeu unha perna a causa dunha enfermidade. As outras dúas persoas que residen na vivenda padecen tamén diferentes doenzas que afectan a súa capacidade para se desprazar. A estes problemas de saúde estes veciños de Chapela suman o feito de que a súa vivenda se atopa ao final do Camiño da Costa, un vial que non ten a anchura suficiente para empregar un vehículo. Por ese motivo temen que nalgún momento teñan que necesitar dunha ambulancia “xa que o carreiro non ten anchura suficiente para o paso dun vehículo de emerxencias” e levan anos solicitando ao goberno local que acometa a obra de ampliación desta rúa. Aseguran os afectados que “son menos de douscentos metros” pero que dende o Concello “o único que recibimos son boas palabras e ningún compromiso”. As últimas informacións ao respecto é que o Plan Xeral, en fase de elaboración, contemplaría anchear ese camiñoo ata os 8 metros. Os afectados non cren que iso sexa necesario “bastaría con anchealo o suficiente para que pase un vehículo, pero que se faga canto antes”.  

Carlos Sueiro afectado
Desconfía do proxectado no plan xeral
Recollida de sinaturas
Teñen en marcha unha inciativa no portal change.org

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará