Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gustavo Barciela gaña o concurso de fotografía organizado polas Bibliotecas

RR_Noticias

A obra “El túnel” de Gustavo Barciela Balado, alzouse co premio do concurso fotográfico “Escenifica a túa lectura de verán” organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela  a través das plataformas de facebook e instagram. A fotografía gañadora foi tomada na fortaleza de O Castro (Vigo) co libro de Ernesto Sábato “El túnel” como protagonista.

O xurado, constituído polos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, escolleu entre as 14 fotografías que cumprían os requisitos do concurso, das 29 que se presentaron en total.
O premio consiste nun lote de libros e películas. A imaxe premiada, como todas as que participaron no concurso,  expoñerase nas dependencias das  bibliotecas, o Día da Biblioteca (24 de outubro).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará