Os organizadores animan aos veciños a participar elaborando obras tanto para a rúa como para os escaparates do comercio local que nos últimos anos se ven sumando á iniciativa. O programa arrancará o 24 de setembro coa inauguración e as obras permanecerán expostas nas rúas e prazas da vila ata o 1 de outubro, data na que se celebrará a xornada de clausura.
O Artelixo prepara a súa quinta edición logo de que no 2012 se recuperase o certame creado nos anos 90 polo colectivo Josefá. O evento volve convidar aos veciños a participar presentado obras cuxo único requisito é o de estaren fabricadas a partir de material de refugallo. Un lixo que se reutiliza e se converte nunha escultura reivindicativa, que serve para sensiblizar na opción da reciclaxe e a reutilización. E precisamente traballar nese aspecto cos máis pequenos é un dos obxectivos dos obradoiros que se celebrarán na Alameda na tarde dos sábados 24 e 1 de outubro. Unha programación que chegará ao seus remate o día 1 cun acto de clausura na pista de baloncesto da Alameda, lugar no que se realizarán dúas actividades en paralelo, o sonalixo e o parnalixo. Un espazo no que os que así o desexen poderán interpretar a súa música e recitar os seus poemas. O prazo de recepción de esculturas aínda está aberto. Cómpre poñerse en contacto canto antes coa organización no enderezo electrónico artelixoredondela@gmail.com ou ben a través da páxina de Facebook “artelixo2016”.