Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo contará con 34 composicións escultóricas en escaparates e rúas

RR_Noticias

Esta fin de semana arranca unha nova edición do Artelixo e faino con 14 esculturas elaboradas con material de refugallo que se poderán ver en prazas e rúas do concello e outras 20 que se distribuirán pro diferentes escaparates dos comercios colaboradores co certame. As obras permanecerán expostas ata o 1 de outubro.  A inauguración será o sábado 24 cun obralixo dirixido aos máis pequenos que se desenvolverá na Alameda entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Nenos de diferentes idades poden participar dos talleres creativos que se van desenvolver este sábado na Alameda a partir das cinco da tarde. Durante este “obralixo” os participantes aprenderán a crear os seu propios cabezudos empregando material de refugallo e ó rematar todos xuntos realizaran un pasarrúas.
Esa é a primeira actividade dun Artelixo que a partir do domingo terá xa todas as obras expostas, tanto ás 14 que se presentaron para seren ubicadas na rúa como as 2o que se poderán ver nos escaparates dos comercios colaboradores.
Unhas obras que permanecerán expostas ata o día 1 de outubro cando se proceda a clausura do certame cun acto na pista de baloncesto da Alameda, lugar no que se realizarán dúas actividades en paralelo, o sonalixo e o parnalixo. Un espazo no que os que así o desexen poderán interpretar a súa música e recitar os seus poemas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará