Na Honra Prata Feminina o Rodavigo SAR comezou a competición cunha remontada sobre o Uneatlántico Pereda, mentres que as mozas do Rodosa Chapela perderon ante o Carballal. Na Primeira Nacional Masculina a SAR perdeu ante o Balonmán Porriño e o Chapela impúxose ao Ibéricos Carballal.
Honra Prata feminina
Rodavigo SAR 21-17 Uneatlántico Pereda
Moi traballada a vitoria nesta primeira xornada de liga para as redondelás. Os primeiros 20 minutos as visitantes ían por diante no marcador, pero antes do descanso a SAR deulle a volta ao marcador. A próxima xornada desprázanse para xogar en Valladolid ante o Hand Vall Olibher. Será o domingo ás 12.30 horas no pavillón municipal da Cisterniga.
Carballal 27-18 Rodosa Chapela
O equipo de Chapela sufriu as baixas do equipo nun partido que as viguesas tiveron controlado de principio a fin. Na próxima xornada estrean a liga na casa ante o Palencia, que tamén perdeu o seu primeiro encontro. Será o domingo ás 12.30 horas no pavillón municipal de Chapela.
Primeira Nacional Masculina
SAR 23-26 Balonmán Porriño
Comezaron os redondeláns con derrota a liga, cun apertado marcador ante os porriñeses. Na próxima fin de semana desprázanse para xogar ante o Saeplast Cañiza. Será o sábado ás 18.30 horas.
Chapela Rodosa 26-22 Granitos Ibéricos Carballal
Os de Fran Teixeira acadaron unha vitoria moi traballada ante os vigueses, que comezaron gañando. Pero antes do descanso o Chapela xa lle daba a volta ao marcador. Na segunda parte os locais ampliaron vantaxe ata poñerse 10 goles por riba. Pero os de Cabral seguiron apertando e recortaron distancias ata o 23-26 final. A próxima xornada os de Teixeira desprázanse ao Grove para medirse ao Calmear Rasoeiro. Ás 18.00 horas no pavillón Novo Monte da Vila.