A empresa enfróntase a multas que van de 301 a 1500 euros por incumprimento de contrato nos traballos realizados nas parroquias de Ventosela, O Viso, Cesantes, Cedeira, San Vicente de Trasmañó e Chapela. Entre outras irregularidades denúnciase que non se limparon os camiños, que se deixaron acumulados os restos de maleza nas cunetas ou que non se empregou a maquinaria adecuada para este tipo de traballos.
O Concello de Redondela ven de iniciar o expediente de imposición de penalidades á empresa adxudicataria do contrato de desbroces. A decisión adóptase tras as múltiples queixas dos vecinos así como dos propio os informes dos técnicos municipais nos que se constata o incumprimento do contrato en varios dos puntos por irregularidades como non terse limpado en condicións as marxes dos camiños, deixar os restos de maleza amontoados nas cuneta, non utilizar a maquinaria adecuada para a limpeza e incumprir as medidas de seguridade vial entre outras deficiencias detectadas.
As parroquias afectadas foron Ventosela, O Viso, Cesantes, Cedeira, San Vicente de Trasmañó, e Chapela.
O Concello ante as múltiples queixas e tras varios avisos dados a empresa sobre o incumprimento do contrato que se estaba a observar decidiu remitir á empresa con data 2 de setembro un requerimento urxente.
Tendo en conta os incumprimentos nos que incorreu a empresa e sendo constitutivos de varias faltas graves cadansua delas pode dar lugar a unha sanción de 301 a 1500 € e, caso de reiterarse novamente, á imposición de multas de 1.501 a 3.000 euros ou resolución do contrato, a elección do Concello.