Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de xestión de redes sociais ou como ser un Comunity manager

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude organiza este mes de outubro un curso de xestión de redes sociais (Comunity Manager) que se impartirá a partires do vindeiro 3 de outubro na Aula Cemit de Redondela, no Paseo do Pexegueiro. O curso, dirixido a mozos de entre 15  e 35 anos pero aberto a todo o público interesado, é de balde e o prazo de inscrición está aberto ata o propio día 3 de outubro ás 11:00 horas. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada no rexistro.

O obxectivo do curso é dotar aos asistentes dos coñecementos avanzados para xestionar de maneira profesional as redes sociais empregando tamén as correspondentes aplicacións móbiles. Entre outro contidos abordaranse cuestión como o plan de redes sociais nunha empresa, noticias con twitter, posicionamentos profesional con Linkedin e o facebook e a publicidade. Unha formación moi necesaria para todos os que queren situar o seu negocio na rede accedento así a outro tipo de cliente que quizais non se achega ao seu local, segundo nos explicaba Cesar Narcellas da empresa Gadepro, encarga de impartir a actividade. Toda a información pode consultarse na páxina web do Concello.  

César Narcellas responsable do curso
Explica que é un comunity manager
Beneficios para o comercio local
A través da rede poden acceder a outros clientes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará