Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicitará á Xunta que se recupere o mercado de gando

RR_Noticias

A moción, presentada polo BNG e aprobada pola maioría do pleno, promove que o mercado de gando volva celebrarse en Redondela, unha feira que deixou de ter lugar anos atrás logo de que se decretase que o lugar non cumpría cos requisitos precisos para o seu desenvolvemento. Os nacionalistas entenden que recuperar este mercado podería incrementar a actividade económica relacionada co sector agrogandeiro da comarca e converterse nun recurso máis para facilitar a venda de produtos de primeira calidade. O PP dubida que exista demanda para a realización desta actividade e pon en cuestión que se ubique nas inmediacións dos colexios públicos.

Lembran dende o BNG que a Feira de Redondela serviu durante décadas para fomentar a venda de produtos de carácter local de pequena escala. Pequenos produtores dos arredores achegábanse á Vila, cada quince días constituíndo un importante recurso para moitas familias das parroquias e de concellos veciños. Hai anos que se rematou coa feira de gando en Redondela. A Xunta de Galicia decidiu clausurala sen que ata o día de hoxe, se tomara ningún tipo de medida para recuperala. Explican os nacionalistas que o seu partido presentou diversas iniciativas aos orzamentos da Xunta para que se dotara dunha partida específica de 300.000 euros para a mellora da infraestrutura da Feira do Gando pero que foron rexeitadas polo PP. A proposta contou co apoio de AER e dos socialistas, quen a través do edil Leonardo Cabaleiro propuña que a rehabilitación deste espazo permita crear unas instalación versátiles, nas que ademais de albergar esa feira de gando os días 6 e 21 de cada mes permita o seu uso para outro tipo de actividades. Dende o PP pola contra puxeron en dúbida que haxa interese por parte de produtores e veciños por recuperar esta feira de animais. O popular Miguel Ángel Alvarez, edil de medio ambiente, tamén cuestionaba que se reubique o gando nun espazo “que xa padece os cheiros da depuradora e onde hai centros educativos e sanitarios”. A proposta contou cos apoio da aposición ao entender que a recuperación da Feira do Gando podería converterse nun recurso máis para facilitar a venda de produtos de primeira calidade. Deste xeito o sector agrogandeiro da bisbarra permitiría o desenvolvemento dunha actividade a pequena escala, motivo polo que solicitan a Xunta a que recupere esta actividade.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalsitas apostan polo mercado de gando coma un revulsivo económico
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialsitas apostan por unhas instalacións versátiles que servan para albergar o mercado e para outras actividades
Miguel Alvarez Ballesteros PP
Defende que se estudie se hai ou non demanda para este tipo de mercados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará