Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe cinco millóns para proxectos de desenvolvemento urbano

RR_Noticias

Uns cartos procedentes dos fondos europeos Feder que permitirán financiar o proxecto Redondela2020 no que se inclúen actuacións relacionadas coa mobilidade sostible, a supresión de barreiras arquitectónicas, a humanización e acondicionamento de novas sendas verdes e paseos peonís que poñan en valor o patrimonio medioambiental, arquitectónico, histórico e cultural do noso concello.

O Plan de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (Edusi) é un plan financiado con fondos europeos Feder achegará a Galicia 83 millóns de euros. En total, doce concellos galegos beneficiaranse destes fondos destinados a desenvolvemento urbano e actuacións de conservacións, dos cales cinco investiranses en Redondela e servirán para financiar o proxecto Redondela2020, aprobado por unanimidade en pleno, para a posta en marcha dun transporte urbano sostible, a creación de novas sendas verdes e paseos peonís e a creación de novos espazos culturais así como novas instalacións deportivas.
No proxecto presentado en Europa recollíanse as debilidades do municipio, marcadas por un crecemento estrangulado pola cidade de Vigo, a ausencia dun tecido empresarial específico ou unha poboación dispersa e con tendencia ao envellecemento. Pero tamén se salientaban as súas potencialidades: unha importante riqueza natural e paisaxística, importantes elementos de valor patrimonial e histórico, unha ampla programación cultural e participación cidadá así como a súa experiencia á hora de executar de xeito correcto os anteriores proxectos Marisma e Marisma Máis tamén financiados con Fondos Europeos.
Partindo desta realidade, o novo proxecto márcase “un reto económico, ambiental, demográfico e social” con actuacións relacionadas coa mobilidade sostible, a supresión de barreiras arquitectónicas, a humanización e acondicionamento de novas sendas verdes e paseos peonís que poñan en valor o patrimonio medioambiental, arquitectónico, histórico e cultural de Redondela.
Tamén se contemplan accións orientadas a potenciar a cultura coa creación de novos espazos así como novos eventos e rutas culturais.
No documento elaborado polo goberno local recóllense tamén accións enmarcadas no plano deportivo coa creación de novas instalacións, a modernización da administración electrónica e a implementación de políticas de aforro enerxético para lograr unha mellor eficiencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará