Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BM Chapela esixe á Federación un maior respeto para as categorías femininas

RR_Noticias

O presidente do club, Manuel González Soto, lamenta a actitude do árbitro no encontro disputado entre o Rodosa Chapela e o Palencia, que cualifica de “irrespetuosa e vergoñenta”. Advirten que non é a primeira vez que este colexiado se comporta deste xeito, polo que trasladarán a queixa ao Comité de Competición.

O partido, correspondente á segunda xornada de liga da División de Honra Prata Feminina, disputouse o pasado domingo en Chapela. As redondelás perderon por 10-23, pero no club non lamentan o resultado, senón a “falta de respeto” do colexiado madrileño Alfredo Arcos. Soto entende que a derrota foi xusta, pero critica duramente os xestos do árbitro, que chegaron a ser obscenos de cara aos afeccionados do BM Chapela. O presidente anunciou que enviará a gravación do partido ao Comité de Competición, e esixe á Federación Española de Balonmán que “tome medidas”. Entende que en Galicia hai mellores árbitros na categoría territorial, que demostran “máis profesionalidade” que os que a federación envía para as competicións estatais. No club lamentan que desde o organismo estatal non tomen coa debida consideración ás categorías femininas, que están a saír adiante “polo compromiso persoal dalgúns dirixentes dos clubs”. Desde Chapela a aposta polo balonmán feminino “é firme”, polo que lamentan que desde a Federación o trato sexa tan “vergoñento”.  

Manuel González Soto presidente do club
Soto denunciará ante o Comité de Competición a actitude do colexiado no encontro Rodosa Chapela-Palencia
Chamamento á Federación Española
Desde o club denuncian a falta de respeto coas categorías femininas por parte da Federación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará