Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A creación de emprego estáncase na comarca

RR_Noticias

O paro mantense estable na nosa comarca, con variacións mínimas no pasado mes de setembro segundo os datos feitos públicos polo último informe da Consellería de Emprego, no que Redondela mantense con 2.105 parados, dous menos respecto o mes anterior. Variación practicamente insignificantes que é lixeiramente maior no caso do concello de Soutomaior, localidade na que o paro baixa en dez persoas, sendo 653 os veciños que se atopan inscritos nas listas do antigo INEM.

Pola contra, no caso dos concello de Pazos e Fornelos a variación, aínda que tamén mínima, é a alza. No caso de  Pazos de Borbén incrementouse en dúas persoas o número de desempregados sendo actualmente 326 as persoas que se atopan nesta situación. Incremento maior o experimentado no concello de Fornelos con 13 novos inscritos ata un total de 175 persoas buscando emprego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará