Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condenados a vivir baixo a ponte

RR_Noticias

Tres casas quedarán baixo a ponte unha vez conclúa a ampliación da autoestrada. Así o denuncian os veciños afectados, residentes en Rande que dende hai unha semana viven con “temor, medo e indignación” uns traballos que fan que “pezas de ferro de gran tamaño se trasladen por enriba dos tellados das nosas vivendas”. Ante a situación na que van quedar esas casas solicitan a súa expropiación.

Diego Lago é un dos residentes na zona e denuncia que en ningún caso se puxeron en contacto con eles para informarlles dos traballos nin alertar do perigo que supuñan os traballos que se están a realizar sobre as súas vivendas dende hai unha semana. “De súpeto atopámonos cunhas pezas de ferro de gran tamaño sobre os nosos tellados movidas por un guindastre e tememos pola nosa seguridade”. A situación aínda empeorou cando os operarios comezaron a traballar en horario nocturno provocando un ruído que non era compatible co descanso. Séntense enganados xa que “os planos de Fomento non contemplaban a ocupación de terreos que están facendo actualmente, invadindo as propiedades privadas”. Explican que nesa situación atópanse unha seis ou sete vivendas “das cales tres quedan directamente baixo a obra” polo que demandan que sexan expropiadas.  

Diego Lago veciño de Rande
Denuncia a situación que padecen
Solicitan a expropiación
Única solución que ven viable
Séntense enganados
Non se lles dixo que ían ocupar os seus terreos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará