Axentes sociais e partidos políticos de Redondela, co gallo das protestas que se celebran este sábado contra o tratado de libre comercio e que en Vigo consistirán nunha manifestación prevista para as 19:00 horas na Vía Norte, repartirán información entre os veciños sobre o coñecido como TTIP. Hoxe venres situarán as mesas informativas a partir das doce do mediodía nos soportais do concello. Mañá sábado desprázanse á Alameda de Chapela tamén a partir das 12:00 horas.
Unha iniciativa social que conta co apoio dos partidos políticos e que busca trasladar á cidadanía as previsibles consecuencias negativas (perda de soberanía, empeoramento e perda de postos de traballo, rebaixa de salarios e eliminación de dereitos laborais) que provocaría a aprobación deste tratado de libre comercio entre os Estados Unidos e Europa.