Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman que os Bombeiros de Vigo actúen nas emerxencias de Redondela

RR_Noticias

Dende o PSOE denuncian que na actualidade o protocolo do 112 dá prioridade aos Bombeiros do Baixo Miño o que supón un atraso de 25 minutos á hora de atender os accidentes que se producen no Municipio. “Non se entende que se teña que recorrer aos servizos do Parque de Bombeiros Comarcal da Louriña-Baixo Miño que tarda 35 minutos en chegar ata oa noso concello cando os Bombeiros de Vigo poden persoarse en menos de 10 minutos, ese tempo pode marcar a diferenza entre salvar ou non salvar unha vida” explica a socialistas Digna Rivas.

Os socialistas poñen como exemplo o acontecido recentemente nun accidente mortal que se producía na N-550. “Nun accidente de tanta gravidade, que rematou coa perda dunha vida, volveuse chamar ao parque de bombeiros máis afastado de Redondela, Bombeiros Louriña-Baixo Miño cun tempo mínimo de resposta de 35 minutos, cando o parque de Bombeiros de Vigo atópase a 10 minutos do punto do accidente”.
Segundo os informes técnicos, os primeiros efectivos en chegar foron a policía local de Redondela e o GRUMIR (un bombeiro) que alertaron rapidamente ao 112 para mobilizar os medios necesarios. O 112 tan só notificou a Vigo a existencia dun accidente no municipio, pero negoulles a saída ademais de trasladarlles que non facía falta a súa presenza, unha vez máis ao igual que acontecía co incendio de Fandicosta. Finalmente, os Bombeiros do Baixo Miño cando chegan ao lugar do accidente e observan a magnitude da gravidade, chaman ao 112 para que mobilicen aos Bombeiros de Vigo.
Os socialistas volven pedir ao alcalde, Javier Bas e ao concelleiro de Emerxencias Arturo González, coñecedores desta situación que tomen medidas para solucionar un problema que afecta a seguridade dos cidadáns de Redondela. Insisten na necesidade de establecer un protocolo de actuación coa cidade de Vigo, que dispón dun parque de bombeiros con máis medios e persoal preparado para calquera continxencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará