Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno de triunfos no balonmán local

RR_Noticias

Tanto na categoría de Primeira Nacional Masculina como na Honra Prata Feminina, os equipos de Redondela dominaron os seus respectivos encontros. Salienta a vitoria do Rodavigo SAR ante o Seis do Nadal, líderes invictas do grupo. As mozas do Rodosa Chapela gañaron o seu primeiro encontro desta liga, ante o Camargo. A SAR Plastic Omnium venceu en Lavadores e o rodosa Chapela impúxose ao Teuro en Pontevedra.

Honra Prata Feminina
Rodavigo SAR 34-29 Seis do Nadal
As xogadoras de Elisardo Covelo, Chini, están a demostrar un excelente nivel de xogo. Onte impuxéronse ás viguesas do Seis do Nadal nun gran encontro disputado no Pavillón da Marisma. As redondelás ocupan o posto máis alto da táboa en solitario. No que vai de liga contan todos os partidos por vitorias, e son as máximas anotadoras do campionato. A próxima xornada viaxan a Canarias. Visitan a pista do Morro Jable, en Fuerteventura, equipo que debuta na Honra Prata e que se sitúa na metade da táboa.
Rodosa Chapela 30-20 Camargo
As de Chapela sairon vitoriosas do duelo no pozo da táboa. O Rodosa Chapela venceu ao Camargo cunha ampla vantaxe, e deixa ás cántabras como pechacancelas en solitario. É a primeira vitoria do equipo de Chapela, que ata agora acumulaba tres derrotas. Na próxima xornada volven xogar na casa, reciben a un equipo forte, o Oviedo.
Primeira Nacional

Teucro 29-39 Rodosa Chapela
Os de Fran Teixeira mantéñense na parte alta da táboa logo da vitoria en Pontevedra ante o Teucro, que os sitúa na cuarta praza do grupo, empatado a puntos co Lalín, que é terceiro. A próxima fin de semana repiten como visitantes, neste caso en Vigo na pista do Seis do Nadal, empatado a puntos cunnutrido grupo de equipos situados na metade da táboa.
Lavadores 18-27 SAR Plástic Omnium
Rotunda vitoria do Sar Plástic Omnium na súa visita ao Lavadores nun encontro no que foi capaz de sacar adiante as complicacións nas que os vigueses os puxeron no tramo final do primeiro tempo. Na primeira parte o Balonmán Lavadores conseguiu remontar cinco goles de diferenza. Tras un mal comezo conseguiu irse ao descanso con tan só un gol de diferenza. Na segunda parte todo cambiou e aos poucos o Sar Plastic Omnium foi atopando novamente os ocos necesarios na defensa do seu rival para conseguir gol e facerse co mando do partido. Ao final do sesenta minutos o marcador reflectía un claro 18-27 a favor do Sar Plastic Omnum que lle permite seguir na zona media-alta da táboa. Na próxima xornada recibirá ao OAR Coruña, tres postos por baixo dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará