Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan un servizo de urxencias pediátricas continuado no Centro de saúde de Redondela

RR_Noticias

A Agrupación de Electores reclama que se mellore este servizo e se dote ao centro de saúde de recursos sanitarios suficientes para atender urxencias pediátricas de xeito continuado sen ter que derivar aos menores a un profesional sen experiencia en pediatría. AER reclama tamén a través dunha moción que se reforce o servizo de radioloxía que na actualidade funciona unicamente en horario de mañá.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) ven de presentar unha moción de cara demandar da Xunta de Galicia certas melloras nos servizos ofrecidos no Centro de Saúde de Redondela. Explican que o servizo de urxencias carece de urxencias pediátricas propias, sendo numerosas veces atendidos os cativos en urxencias por profesionais sen a especialidade en pediatría. Esta poboación abarca a aproximadamente uns 4.220 menores (2.942 de Redondela, 995 Chapela, 140 Pazos de Borbén e 143 Fornelos). Por outra banda, o centro de Saúde de Redondela conta cun servizo de Radioloxía que funciona unicamente en horario de mañá. En horario de tarde e nas urxencias de fin de semana, aínda existindo os medios materiais, tanto os pacientes de centro de saúde como os que acoden a Urxencias (Punto de Atención Continuada) son derivados ao hospital Álvaro Cunqueiro, co que iso implica; horas de espera, saturación das urxencias do hospital de referencia, escasa optimización de recursos, etc.   
Así pois, dende AER reclaman ao Concello que tome as decisións e medidas oportunas e inste á Xunta de Galicia para que se dote ao Centro de Saúde de recursos sanitarios suficientes para atender Urxencias Pediátricas de xeito continuado e suficiente mañás, tardes, noites e fin de semana, ademais de que se proceda a unha ampliación do horario do servizo de Radioloxía, dotando ao centro do persoal necesario para atender a mellora demandada destes servizos.         
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará