Operarios municipais traballan para mellorar o estado no que se atopan os camposantos nos días en que máis visitas acollen estes lugares co gallo da celebración do 1 de novembro. Ademais de intensificar a limpeza en panteóns e nichos adecentáronse xardíns e accesos aos cemiterios.
Está previsto que centos de persoas se acheguen nestes días os cemiterios municipais motivo polo que dende o departamento que dirixe Jesús Crespo procedeuse a intensificar a limpeza e panteóns e nichos co obxecto de amañalos. As brigadas municipais traballan tamén no preparado dos xardíns e a contorna das tumbas, e no acondicionamento dos accesos para que as familias que se acheguen aos cemiterios nas xornadas anteriores ao día de Defuntos os teñan en perfecto estado.