Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anpas e afectados pola ampliación da AP-9 maniféstanse este venres en contra dos ruídos

RR_Noticias

As Anpas do IES Chapela e o Colexio Igrexa e a asociación de afectados pola AP-9 convocan este venres unha manifestación conxunta que partirá ás 11:30 horas dende o Instituto na Avenida de Redondela en dirección a rotonda e posterior regreso. A protesta serve para denunciar os continuos ruídos que teñen que soportar os alumnos dos centros nas horas lectivas e que dificulta o desenvolver das clases.

O alumnado, país e nais dos centros educativos próximos a Ap-9 súmanse mañá a unha manifestación convocada conxuntamente coa asociación de afectados pola ampliación da vía. No Instituto téñeno claro, abrir as fiestras non é unha opción faga a temperatura que faga porque o ruído das obras é insoportable. Os ruídos son constantes nun centro que se construíu hai 25 anos ao carón da autoestrada. Pero a situación vai a peor coa ampliación da AP-9. O edificio quedará aínda máis próximo a unha vía que empregan milleiros de vehículos, motivo polo que fan súa unha das esixencias que demandan dende a Plataforma: a instalación nde pantallas acústicas e asfalto fonoabsorbente. Denuncian que non se estea a respectar o compromiso que establecía que unha vez iniciado o curso non se farían obras nas proximidades dos centros educativos “e estes días están a traballar nas inmediacións do instituto co conseguinte ruído que supón e a imposibilidade de impartir as clases con normalidade”.  

Carolina Pedrido IES Chapela
A vicedirectora do centro explica os problemas que padecen polos ruídos
Rafael Baltasar Afectados AP-9
Incumprimento do acordado ao traballar en horario lectivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará