Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O espírito do Samain espállase pola comarca con celebracións en Rande, Saxamonde e Arcade

RR_Noticias

As inmediacións do Meirande acollerán diferentes actividades na tarde do sábado que inclúen obradoiros para os máis pequenos e degustación de castañas. O MUltiúsos acolle unha festa de defuntos organizada pola Ludoteca Parruliños cunha entrada de 5 euros. En Saxamonde celebran o IV rastrexo de Samaín e en Arcade as activiades celebraranse na Alameda de Talorío.

A Asociación deportiva e cultural de Rande organiza un ano máis unha tarde de festa e actividades para celebrar o Samaín en familia. A festa arrancará as 17:30 horas con actividades orientadas aos máis pequenos cun obradoiro de calacús nos que os participantes poderán decorar as súas cabazas de samaín. A partir das 19:30 terá lugar o magosto popular con castañas e chourizos e viños e refrescos para acompañas, Haberá queimada e música para pechar o día de festa.
 
Festa de defuntos no Multiúsos
Parruliños organiza unha festa infantil para celebrar o Samaín o sábado 29 ás 17:00 horas orientada a nenos de 3 a 12 anos. Haberá talleres de maquillaxe, cociña, manualidades e decoración de cabazas para celebrar o Samaín. Prezo 5 euros.
 
Rastrexo en Saxamonde
O Cento Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza o IV rastrexo do Samain na noite de mañá sábado. A actividade consiste nunha marcha polos montes e barrios da parroquia, tendo que superar os participantes diferentes probas e retos entre os que se inclúen nesta edición a caza de pokemons. Está aberta a participación de nenos e adultos que deben facer a súa inscrición no correo electrónico culturalchandaspipas@gmail.com. O prezo é de 3 euros por persoa, 2 euros os socios.
 
Festa na Alameda de Talorío en Arcade
O Concello de Soutomaior organiza este sábado día 29 a festa do Samaín con actividades variadas que se desenvolverán na súa maior parte na Alameda de Talorío. Obradoiros, animación de rúa, contacontos, música, bailes, queimada e degustación de castañas conforman un programa que arrancará ás cinco e rematará no Multiúsos de Arcade coa proxección da película de terror La Visita ás 21:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará