Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Redondela acusado de abusar da súa sobriña minusválida elude a prisión

RR_Noticias

O home, acusado de abusar da súa sobriña política que padece unha minusvalidez física e psíquica do 65 por cento, chegou a un acordo polo que foi condenado a dous anos de prisión, pena que foi suspendida a condición de que non volva delinquir nun prazo de cinco anos.

O xuizo por estes feitos, que tiveron lugar entre maio e decembro de 2013, celebrouse este mércores na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. O home recoñeceu os feitos e mostrouse conforme coa pena de dous anos de cárcere, así como coa prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da vítima e comunicarse con ela por un período de dous anos. Así, o acusado viu reducida a súa pena respecto á petición inicial da Fiscalía, que solicitaba que fose condenado a oito anos de cárcere e se lle impedise aproximarse e comunicarse coa vítima durante un período dous anos superior ao da pena.
En concreto, ao home aplicóuselle a atenuante de reparación do dano, despois de que ingresase 18.000 euros en concepto de indemnización, cantidade que triplica o reclamado inicialmente o Ministerio Público para a vítima en concepto de responsabilidade civil polos prexuízos causados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará