O Multiusos da Xunqueira acolle este venres ás 20:00 horas a proxección do documental A derrota do Cabo Razo, dentro do ciclo Memoria e Vida que organiza a Asociación cultural Alén Nós. Un novo documental de Antonio Caeiro no que se conta a historia do buque Cabo Razo afundido en augas da Illa de Arousa e 1958. Unha traxedia que conmocionou á comarca de Vilagarcía e que aínda hoxe presenta numerosas incógnitas.
O 5 de agosto de 1958 a cidade ía espertar sobresaltada. Aos poucos minutos da súa partida, na noite anterior, o buque Cabo Razo, da compañía Ybarra, naufragara ao embarrancar contra a barxa do Chazo que está na beira contraria da Ría. Toda aquela historia contada polos superviventes e polas testemuñas do suceso que tentan desvelar por que o buque navegou ata alí na vez de por rumbo á bocana da ría.