Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio ambiente advirte que as multas por verter lixo no monte superan os 900 euros

RR_Noticias

A Concellería incrementa a vixilancia para localizar aos autores dos vertidos que se veñen detectando ata nunha ducia de puntos en diferentes parroquias do concello. Os máis recorrentes son a subida a Trasmañó entrando polo Alto da Encarnación así como diferentes puntos de Chapela e Cesantes. O responsable do departamento insiste en que os autores se enfrontan a multas a partir de 900 euros e lembra que Urbaser retira todo tipo de voluminosos chamando previamente ao 986408034.

Atallar os vertidos ilegais que de xeito reiterado se producen nos montes do concello é o obxectivo da Concellería de Medio Ambiente, departamento cuxo responsable, Miguel Angel Alvarez lembra que ademais das consecuencias medioambientais supoñen un custe económico importante, que o ano pasado ascendeu a máis de 25.000 euros. Hai detectados unha ducia de puntos nos que sistematicamente se forman vertedoiros ilegais: a subida a Trasmañó, a entrada ao Colexio Vigo, a Fonte da Lata nas inmediacións do Aeroporto, o Camiño da Bruxa en Chapela ou o Camiño do Cocho en Cesantes… lugares que os infractores elixen porque teñen un fácil acceso en furgoneta. Dende a Concellería veñen de incrementar a vixilancia e xa se localizou ao autor dalgún destes vertidos que se enfronta a penas que van dende os 900 euros a cantidades moi superiores no caso de que se trate de material potencialmente perigoso. Alvarez insiste en que Urbaser retira todos tipo de voluminosos que teñamos por casa: mobles, colchóns, lavadoras… e que o único que hai que facer é poñerse en contacto coa empresa no teléfono 986408034.  

MIguel Ángel Álvarez Edil de medio ambiente
O concelleiro asegura que os vertidos son reiterados
Sancións económicas
As multas parten dos 900 euros
Localización dos vertedoiros
En todas as parroquias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará