Redondela e comarca volveron pechar o mes de outubro con números negativos en canto á creación de emprego. Un mes que deixa un regueiro de novos parados e poucas alegrías no mercado laboral e que supón unha variación á alza de case cen novos desempregados.
Malia que mes de setembro lograra salvar os mobles con datos que tendían á estabilidade, o pasado mes volve destruír emprego con 93 novos inscritos nas listas do paro. Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes sofren un incremento nos seus rexistros a pesar dos datos que apuntan a un incremento nas contratacións de cara a campaña de Nadal.
Outubro pechou en Redondela con 32 parados máis o que sitúa o número de desempregados en 2137 persoas. Pero é no concello de Soutomaior onde atopamos a maior variación á alza con 33 novos parados e un total de 686 desempregados.
En Fornelos de Montes o número de inscritos ascende a 187, doce máis que no mes anterior, mentres en Pazos de Borbén o variación é tamén a alza con 16 novos parados nunha lista que ascende a 342.