Este domingo en Santa Mariña disputarse un econtro “fraternal”. O que enfrontará ao C.D. Choco de Marcos Montes e ao Alondras do seu irmán Jacobo, ex adestrador tamén do conxunto redondelán. Un encontro moi especial para os dous técnicos no persoal, pero tamén no deportivo.
Os dous equipos da Terceira Divición chegan a esta 12ª xornada de liga nunha situación moi delicada. O Choco, en postos de descenso, só sumou nove puntos no que vai de liga. O Alondras é 14º, e leva mes e medio sen gañar. Situación que está moi lonxe dos obxectivos marcados en Cangas para a temporada, logo de fichaxes como a de Fontdevila e os dos redondeláns Pablo Couñago e Yerai. Para Marcos Montes é “un fastidio” chegar a este choque nunha situación tan mala para os dous equipos, pero apela á “profesionalidade” e confía en sacar os tres puntos que lle dean tranquilidade da táboa. Non só para mellorar a situación clasificatoria do equipo, que é importante, senón para recuperar tamén o optimismo nos xogadores, que atopan “tocados animicamente”. O técnico fal un chamamento á “tranquilidade”, e amósase confiado nas posibilidades do equipo, que está a facer un bo fútbol, malia que os resultados non chegan. O Choco está a facer moitas ocasións de gol, como aconteceu na pasada xornada na Illa, pero non materializou ningunha e finalmente perderor 1-0 logo de que o Céltiga anotase no seu único lanzamento a portería. O míster entende a preocupación entre a afección, pero amósase seguro de que alcanzarán o obxectivo da permanencia, que teñen a tan só un partido. Recoñece que os espectaculares resultados das pasadas campañas, coa clasificación para o “play-off” de ascenso puxeron as expectativas moi altas. Pero advirte que as aspiracións “non son realistas”. Fai un chamamento á calma, e pide confianza “no traballo” que fan semanalmente para acadar a salvación. O primeiro paso será o encontro co Alondras deste domingo, ás 17.00 horas, para o que agarda unha presenza masiva de público en Santa Mariña.