Fontes do centro educativo aseguran que os equipos que acoden a esas instalacións en horario non lectivo deixan o pavillón nun estado deplorable o que non permite o seu uso nunhas condicións minimamente hixiénicas por parte dos alumnado do instituto. Por este motivo, o profesor de educación física viuse obrigado a suspender as clases dentro do pavillón e trasladalas ao patio cuberto. AER presentou no Concello unha solicitude para que se convoque as partes implicadas a unha xuntanza urxente de cara a buscar unha solución ao problema.
Dende hai anos o pavillón do Instituto Mendiño é empregado en horario de tarde (de 16:00 a 23:00 horas) e nas fins de semana, por diferente clubs deportivos do concello que realizan alí os seus adestramentos e competicións. Unha situación que nos últimos tempo ten provocado problemas xa que segundo denuncian dende o propio centro “a deixadez por parte dos que usan este espazo, ao deixar bidóns de lixo sen baleirar e restos de envases de comida e bebida” impide que o alumnado poida usar as instalacións ao día seguinte.
Unha situación que ten provocado incluso que os alumnos viviran episodios de alerxias e ataques de asma e que o profesor de educación física suspendera as clases no pavillón realizándoas na aula ou no patio cuberto, opción que non é posible coa chegada do mal tempo.
Fontes do centro apuntan que debería ser o Concello quen asumise a limpeza do pavillón xa que malia recibir o Instituto 2.100 euros anuais pola cesión de dito pavillón para uso dos clubs ese cartos son para sufragar o gasto de luz e auga. Critican tamén o estado no que se atopa a pista “chea de buratos” e que malia existir un compromiso por parte do concello de poñer unha pista nova non haxa data para esa actuación.
Co obxecto de buscar unha solución, a Agrupación de Electores ven de presentar por rexistro unha solicitude para que se convoque de xeito urxente unha reunión na que estean presenten representantes do instituto, anpas, o equipo de goberno, os grupos da oposición e os equipos deportivos.