Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

120 deportistas participan este domingo na primeira carreira de orientación de Redondela

RR_Noticias

O percorrido desenvolverase polo casco urbano da vila e os participantes deberán axudarse dun mapa e un compás para atopar os puntos predeterminados pola organización e que estarán sinalizados con balizas. A concellería de deportes confía en que o mal tempo non impide que a proba se desenvolva con normalidade e ante o éxito de participación, que obrigou a pechar o prazo de inscrición antes do previsto, o seu responsable, Juio Mougán anuncia que organizará novas probas en Redondela.

Unha modalidade deportiva que baixo o lema “primeiro pensa, despois corre” está aberta a todo tipo de públicos e idade. Esta primeira carreira de orientación organizada pola Concellería de deportes e coordinada pola asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra, desenvolverase o domingo 20 a partir das 10:00 horas cun percorrido completamente urbano, permitindo achegarnos a lugares descoñecidos ou nos que non reparamos habitualmente.
O seu atractivo principal radica en que os participantes deben sumar diferentes cualidades, xa que o máis importante non é correr senón desenvolver a capacidade para ler o mapa e saber cales son os nosos puntos de destino.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará