Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos problemas no alumeado público deixan sen luz a Avenida de Vigo en Chapela

RR_Noticias

O BNG denuncia que os cortes no subministro eléctrico no alumeado público son continuos e afectan intermitentemente a diferentes parroquias do municipio. Neste sentido apuntan que en tan só nunha semana a Avenida de Vigo en Chapela viuse afectada ata en dúas ocasións por unha avaría que deixou sen luz unha das principais vías de comunicación da parroquia. Reclaman ao goberno local que explique cales son as causas desta problemática e que lle dean unha solución.

Por segunda ocasión en menos dunha semana, parte de Chapela viuse afectada por unha avaría no alumeado público. En concreto trátase da Avenida de Vigo, unha das principais vías de comunicación da parroquia segundo denuncian os nacionalistas quen engaden que estas avarías son constantes e afectan a diversas zonas e parroquias do concello.
Explica o BNG o perigoso da situación que no caso de Chapela afectou a unha zona de intenso tráfico rodado e nunha época do ano con escasas horas de luz.
Lembran que xa teñen presentado numerosos escritos no Concello reclamando explicacións sobre estes feitos sen ter recibido resposta ata o de agora. Responsabilizan da situación ao alcalde e esixen “a inmediata resolución das avarías no alumeado público, en aras da seguridade viaria de condutores e peóns”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará