O Mulitúsos da Xunqueira acolle este venres 2 ás 20:00 horas a presentación do número 33 da revista que elaboran os usuarios do centro de rehabilitación Lenda. Nesta ocasión o tema central é o medo, o misterio e o terror, motivo polo que proxectarán dúas curtametraxes cedidas polo festival Redondela en curto e nas que o medo estará moi presente.
Artigos de opinión, poesías contos ou biografías conforman esta nova edición que os usuarios de Lenda elaboran coa axuda económica dos comercios da vila e con moito traballo. Unha experiencia que permite a esta asociación estar presente no eido cultural e que supón toda unha satisfacción para o seu equipo redactor. A presentación deste número 33 terá lugar no Multiúsos nun acto onde non faltará a música, as lecturas teatralizadas e o cine, coa proxección das curtametraxes “La ropavejera” de Nacho Ruipérez e “Tom” de Jos Man. O acto rematará coa música de Os mércores músicais.