Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina de Chapela sairá a concurso logo de rexeitar o pleno prorrogar a concesión a Aqualia

RR_Noticias

A xestión do centro deportivo de Chapela, actualmente en mans da empresa Aqualia, queda pendente dun novo concurso que previsiblemente será convocado no prazo de seis meses. Así o adiantaba a edil popular, Carmen Amoedo logo de que o pleno rexeitase prolongar o contrato durante tres anos máis a actual concesionaria. A oposición amosou a súa aposta por unha remunicipalización do servizo ou un novo concurso que mellore as condicións actuais rebaixando os 70.000 euros que ten que achegar o concello.

A proposta do goberno local pasaba por prolongar durante tres anos máis a concesión da piscina municipal de Chapela á empresa Aqualia, responsable da súa xestión dende o 2013 logo de fracasar dúas veces a súa adxudicación. Precisamente a falta de interese por parte das empresas para optar a esta xestión foi o argumento esgrimido polos populares para defender a prórroga á actual concesionaria. Pola contra o BNG lembraba que “se Aqualia quere seguir xestionando o servizo é porque da cartos”. Un servizo non deficitario que espertaría o interese doutras empresas e permitiría mellorar as condicións actuais, nas que o Concello ten que achegar 70.000 euros anuais. Tamén os socialistas defendían un novo concurso “ante a imposibilidade de remunicipalizar o servizo” pola lei estatal que impide aos concello contratar persoal. Mauro Alvarez criticaba que a concesionaria “non estea a cumprir coas súas obrigas no mantemento das instalacións”. Dende AER votaron tamén en contra da prórroga e puxeron sobre a mesa a posibilidade de que a xestión se non é directa dende o concello a faga unha cooperativa ou se exploren outras fórmulas. En todo caso, rexeitada a prórroga a Aqualia todo apunta a un novo concurso no prazo de seis meses, unha vez remate a contrato actual.  

Xoán Carlos González BNG
Solicita a remunicipalización do servizo
Ricardo FIgueroa AER
Explorar a fórmula da cooperativa
Mauro Alvarez PSOE
Sacar a concurso en condicións máis vantaxosas
Carmen Amoedo PP
Remunicipalizar como sinónimo de utopía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará