O Concello de Redondela porá en marcha o vindeiro 13 de decembro unha campaña que durará tres semanas coa que se intentará concienciar aos veciños da importancia da reciclaxe e da solidariedade. A campaña consiste na instalación de 10 iglús de recollida de vidro decorados que estarán instalados nas rúas dende o 13 de decembro ata o 4 de xaneiro. Ao remate da campaña Ecovidrio e o Concello entregarán un talón cuxo importe irá en función do vidro recollido neses puntos á entidade Cáritas.
Os obxectivos que se perseguen a través desta campaña son entre outros informar e concienciar sobre o correcto uso do iglú verde para a recollida de envases de vidro. Tamén se aproveitará para obter información e coñecer o uso que fan os usuarios deste colector e saber si coñecen a importancia desta reciclaxe.
O día da presentación poranse a disposición dos veciños 300 plantas (Acivros) que se lle entregarán a todos aqueles veciños que se acheguen co seu kilo de vidro (3 botellas) aos contedores que se ubicarán en distintos lugares de Redondela.