Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos recolle 15.000 kilos de comida en Redondela

RR_Noticias

A entidade logrou o obxectivo e contabiliza 309.000 kilos procedentes da súa gran recollida solidaria celebrada na última fin de semana de novembro. Por primeira vez participaron tamén da iniciativa sete supermercados de Redondela nos que os veciños doaron un total de 15.000 kilos. A fundación agradece o compromiso amosado pola cidadanía que respondeu ao chamamento de encher os estantes que a ONG ten nos seus almacéns de Vigo e Pontevedra e cos que esperan atender a unhas 25.000 persoas alo menos ata a primavera de 2017.

Finalizado o reconto a ONG confirma que a iniciativa foi todo un éxito chegándose aos 309.000 kilos de comida, o que supoñen “todo un impulso para seguir axudando ás persoas que peor o están pasando na actualidade”.
or zonas, en Vigo e comarca (Porriño, Mos e Moaña) recibíronse uns 150.000 kilos de comida; en Pontevedra e comarcas recolléronse 90.000 kilos e no Val Miñor 24.000. No Baixo Miño doáronse 16.000 kilos, en Pontearas 14:000 e nos sete supermercados de Redondela que participaron da iniciativa recolléronse 15.000 kilos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará