Aló menos 16 persoas foron vítimas este martes pola mañá dos carteiristas que actuaron na feira de Redondela, unha das máis multitudinarias do ano ao coincidir co festivo do día 6 e por ser onte unha xornada de tempo espléndido que fixo que moitos se achegaran ao centro da vila a percorrer os postos instalados no Campo da Feira. A maior parte dos roubos producíronse entre as 12:00 e as 13:30 horas.
Un curto período de tempo que permitiu aos ladróns facerse con numerosas carteiras. En total, serían aló menos 16 as persoas afectadas segundos os datos recollidos pola Policía Local e Nacional, aínda que o número de afectados podería ser moito maior tendo en conta que moita xente non chega a denunciar ou que o fará nas vindeiras horas.
“Auténticos profesionais” que aproveitan as aglomeracións de xente para subtraer carteiras e outros obxectos de valor sen que os seus propietarios se decaten ata o momento no que van botar man das súas pertenzas.