Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Industria asesora aos consumidores como aforrar no seu recibo da luz

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle hoxe venres a campaña informativa Dálle luz a túa factura, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que busca asesorar aos consumidores para que coñezan as claves para aforrar no seu recibo eléctrico, centradas en aspectos fundamentais como elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada ou valorar a discriminación horaria. O acto terá lugar ás 18:30 horas con entrada libre. Os consumidores tamén teñen a posibilidade de realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais.

Durante estes encontros, préstase atención ao aforro e a eficiencia enerxética, ademais de achegarse información sobre como realizar os diferentes trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas. Ademais, os consumidores poden acceder nas webs do Inega e do IGC a unha nova aplicación na que, introducindo os seus datos de consumo eléctrico, recibirán recomendacións concretas, ou consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como na páxina de Facebook Dálle luz á túa factura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará