Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a falta de material no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela

RR_Noticias

Esquerda Unida denuncia que a austeridade orzamentaria aumenta o risco de afeccións para traballadoras e pacientes do CAPD de Chapela ao non contar co material axeitados para desenvolver o seu labor. Aseguran que os traballadores carecen de luvas suficientes e que os existentes son curtos e de calidade non acorde ás necesidades do centro. Tamén alertan da escaseza de empapadores e de uniformes. Unha falta de material que segundo Esquerda Unida “provocou recentemente que o persoal sufrise afeccións por enterobacterias”.

Aseguran que 55 traballadores do centro se contaxiaron de gripe A, coa baixa correspondente (70 residentes afectados/as), o que supuxo para o persoal unha diminución de ingresos ao non estar considerada coma unha enfermidade profesional. É dicir, que hai unha diminución nos ingresos dos traballadores precisamente polo feito de ir traballar e contaxiarse. Unha situación que se debe ao entender de Esquerda Unida a unha neglixencia da administración ao non vacinar os seus empregados cando na súa actividade hai un risco elevado de contaxio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará