Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cataluña venceu á Galicia de Ana González na volta da Irmandiña feminina

RR_Noticias

A selección galega de fútbol feminino, coa gardameta redondelá Ana González, nada puido facer ante a superioridade das catalás, que gañaron con claridade. O duelo non foi equilibrado, cun equipo catalán integramente formado por futbolistas de Primeira e catro internacionais absolutas, mentres Galicia xogaba con nada menos que 16 baixas.

Galicia 0-5 Cataluña
O mellor do partido foi o excepcional ambiente no estadio da Lomba con case tres mil afeccionados que non se quixeron perder a reestrea da selección feminina absoluta de Galicia 8 anos despois. No partido adiantouse cedo o combinado catalán. No minuto catro a dianteira do Valencia Carol Férez fai o primeiro. No minuto oito, a mellor xogadora catalá e dianteira do Barcelona, Alexia, asinou un golazo no pouco puido facer Anita. O 0-3 deste asinouno tamén unha xogadora do Barcelona. Marcou Olga Garcia tras un fenomenal pase de Leila Ouahabi. A propia Olga García faría o 0-4 no minuti 38 nunha gran xogada individual. Marchou da defensa galega e colocou un balón imposible para Ana González. Na segunda parte houbo máis trocos e menos goles. O 0-5 marcouno Eva Llamas cun disparo desde fóra da área que sorprende a Sheila, que substituíu á Anita no descanso. Galicia perdeu, pero xogadoras como Vero Boquete son optismistas co futuro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará