Xa faltan moi poucos días para a quedada do xoves 29 que un ano mías convoca a concellería de xuventude de Soutomaior. Nesta ocasión como se trata de despedir o ano teñen preparada unha actividade festiva onde a atmosfera fluor será o escenario para a realización de obradoiros de DJ, body paint, concurso de bottle flip, murais Neón, e moita música. Para participar cómpre ter 12 anos ou máis e mercar a entrada na OMIX antes do xoves.
A quedada será na Casa do Pobo da Pedreira e haberá autobuses desde o Cruce de Pierres e desde outros puntos do Concello.
QUEDADA! para… é un proxecto de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinado á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o lecer e tempo libre como espazo educativo e de aprendizaxe non formal para que a mocidade participe, reflexione e experimente.