Por primeira vez, a Biblioteca Municipal de Redondela contará entre os seus fondos cunha colección destinada a nenos con diversidade funcional grazas á doazón realizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso a través dos seus representantes, Gracia Regojo Bacardí, presidenta da Fundación e Telmo Crespo Tojeiro, secretario da mesma.
Esta actuación englóbase dentro do convenio de colaboración entre a citada entidade e o concello de Redondela, complementando o labor da Fundación no campo da integración social.